O alcalde de Carballeda de Avia, o socialista Luis Milia, amosa o seu apoio a Alfredo García quen asegura que “representa un proxecto de alma municipalista”

Publicidade ASPADISI

O alcalde de Carballeda de Avia, o socialista Luis Milia, amosa o seu apoio a Alfredo García quen asegura que “representa un proxecto de alma municipalista” ante a necesitade de que “todos contemos

Alfredo García “escoitou” durante a fin de semana a voz da militancia das comarcas do Ribeiro, Celanova, a Limia e Monterrei acompañado polos alcaldes e cargos socialistas

HIPER MASIDE

O candidato á secretaría xeral do PSdeG-PSOE de Ourense escoitou durante esta fin de semana aos militantes das comarcas ourensás do Ribeiro, de Monterrei, de A Limia e de Terras de Celanova onde presentou o seu proxecto de “cambio e unidade do partido” e escoitou as inquedanzas dos socialistas non para ser o “futuro do socialismo ourensán” senón para que “o socialismo ourensán teña futuro”.

Alfredo García estivo acompañado por diferentes cargos públicos e institucionais do PSOE ourensán e contou coas intervencións da alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez; o alcalde de Verín, Gerardo Seoane; a alcaldesa de Xinzo de Limia e deputada provincial, Elvira Lama; e a concelleira de Celanova, Teresa Barje. Entre as que destacou a do alcalde socialista de Carballeda de Avia, Luis Milia quen amosou o seu apoio a García quen asegura que “representa un proxecto de alma municipalista” ante a necesitade de que “todos contemos no partido” e se cumpra co que se lle di aos militantes.

O SOCIALISTA COMEZA A ÚLTIMA SEMANA DE CAMPAÑA CUN ACTO SECTORIAL EN PEREIRO DE AGUIAR “ESCOITANDO ÁS SOCIALISTAS DA PROVINCIA” E “ROMPENDO ROLES”

Alfredo García encara a última semana de campaña, que culminará coas votacións do domingo 23, cun acto sectorial en defensa do feminismo “escoitando ás mulleres socialistas” da provincia para romper roles. O acto terá lugar maña luns 16 de xaneiro no centro de día de Os Gozos de Pereiro de Aguiar ás 20 horas e contará coa presenza das voceiras e concelleiras do PSOE ao longo da provincia.