Deputación e CEO reivindican mellores conexións por estrada e tren, máis solo industrial e captación de investimentos empresariais para a provincia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Así o trasladaron o presidente da Deputación, Luis Menor e o presidente da CEO, David Martínez, trala reunión de traballo mantida no Pazo Provincial, para abordar as liñas de traballo a seguir conxuntamente a prol do crecemento económico de Ourense

Luis Menor destacou “o importante esforzo” que se está a realizar para crear solo empresarial, “fundamental” para atender as necesidades actuais e poder “captar novos investimentos” na nosa provincia

Ourense, 20 de febreiro de 2026.

A Deputación de Ourense e a Confederación Empresarial de Ourense alíanse para reivindicar mellores conexións por estrada e tren na provincia, máis solo industrial e captación de investimentos empresariais para Ourense.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Así o explicaron o presidente provincial, Luis Menor e o presidente da CEO, David Martínez, tralo encontro de traballo mantido no Pazo Provincial para abordar as liñas de traballo a seguir entre ambas institucións a prol do crecemento económico de Ourense. Menor salientou que se trata de dúas institucións que están “perfectamente aliñadas na defensa dos intereses de Ourense e lograr unha provincia máis desenrolada económica e socialmente”.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


No que se refire a esa creación do solo empresarial cabe destacar que, actualmente, está rematada esa ampliación de Xinzo, está a punto de adxudicarse as obras de ampliación do Polígono de San Cibrao e avanzando nos trámites da mesma no de Pereiro, así como a creación de máis dun millón de metros de solo industrial no Carballiño-Maside, lembrou o presidente da Deputación.

Neste sentido, Luis Menor destacou “o importante esforzo” que se está a realizar para crear ese solo empresarial que é “fundamental” para atender as necesidades actuais das empresas co obxectivo de poder “captar novos investimentos” na nosa provincia.

A oferta de solo industrial ligada á mellora das comunicacións, así como lograr infraestruturas que son clave para o tecido produtivo ourensán,  permitiríanos “competir e captar investimentos” no territorio e, polo tanto, “crear emprego, xerar riqueza e afianzar poboación na provincia”, explicou Luis Menor.

Así mesmo, comprometeuse a colaborar coa CEO para cubrir esa necesidade de man de obra das empresas cooperando con ofertas formativas que dean resposta a estas reivindicacións. Ao fío disto, tamén abordaron a problemática da vivenda, -común á sociedade en xeral-, pero especialmente neste sector, xa que é imprescindible para poder captar novos traballadores á provincia de Ourense.

Pola súa parte, o novo presidente da CEO agradeceu “esa colaboración histórica” que mantén a Deputación con esta entidade para “potenciar” conxuntamente as necesidades de infraestruturas, investimentos e solo industrial que son “tan importantes para a provincia”. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------