
NOTA DO AUTOR:
Un dos motivos fundamentais polos que podemos considerar a Ourense como unha referencia capital para o cinema galego é que albergou os dous principais foros nos que se asentaron os alicerces do audiovisual en Galicia.
As Xornadas do Cine en Ourense, nos anos setenta, e as XOCIVIGA no Carballiño, nos anos oitenta, foron lugares para o encontro de persoas e de grupos interesados na posta en marcha dun audiovisual de seu.
Mais para poderen agromar estes certames foi decisiva a intensa actividade do movemento cineclubista que dende os anos cincuenta até a actualidade ten desenvolvido un labor esencial no achegamento do cinema á cidadanía.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Ao longo destas páxinas faremos un percorrido polos distintos cineclubs ourensáns, dende os seus inicios, pasando pola súa etapa de esplendor, até á situación actual.
Como remate, quero apuntar que este libro está elaborado coa principal intención de recoñecer e agradecer a inestimábel contribución de todas as persoas e organizacións que formaron e forman parte do cineclubismo en Ourense.

















