Celebración Solemne de Apertura do Ano Xubilar Franciscano en Ribadavia. (Igrexa de Santo Antonio, exconventual de San Francisco, parroquia de Santo Domingo de Ribadavia.)
O sábado 28 de febreiro, na igrexa do antigo convento de San Francisco de Ribadavia, ás 19:00 horas, terá lugar a Eucaristía de Apertura Solemne do Ano Santo Franciscano. O papa León XIV, o pasado 10 de xaneiro, convocou un Ano Xubilar con motivo dos 800 anos do tránsito de San Francisco. Ano Santo non só para a familia franciscana, senón ano de graza para toda a Igrexa.
Con este motivo, o bispo da diocese constituíu varios templos xubilares pola súa relación coa comunidade franciscana; entre eles, o templo de San Antonio de Ribadavia do antiguo convento de San Francisco.
A celebración estará presidida polo Pastor da Diocese, D. Leonardo, e concelebrada polos párrocos e sacerdotes do arciprestado, coa presenza da familia franciscana.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A presenza dos fillos de San Francisco foi longa na vila do Ribeiro e tivo unha forte pegada na evanxelización e na vivencia da fe nesta comarca, seguindo o exemplo do pobre de Asís. Dende o seu primeiro asentamento no monte de Santa Marta, os Frailes Menores baixaron á marxe esquerda do río Avia á fináis do século XVI permanecendo ó longo dos séculos ata a marcha da úlima comunidade franciscana, as Clarisas Franciscanas Misioneiras no ano 2015.
Nembargantes, aínda hoxe continúa vivo o espíritu franciscano a través da Orde Franciscana Seglar (fraternidade de laicos) e nas xentes da vila que celebran cada ano con fervor a novena de San Francisco e de San Antonio.
Durante este ano xubilar manterase o culto nesta igrexa os martes ás 19:00 horas (20:00 en horario de verán) e os domingos ás 11:00 da mañá. Ademais, todos os xoves terá lugar a Exposición do Santísimo, rezo de Laudes e Adoración Eucarística de 10:00 a 12:30, xunto con outras iniciativas pastorais que se irán anunciando.

















