Enredar, enredeime, funme enredando, un faladoiro sobre o uso do galego nas redes sociais, este xoves ás 20:00 no Café Cultural Auriense dentro da campaña Lingua Vital, de Queremos galego.
Ourense, 4 de marzo de 2026
Dentro do proceso social “Língua vital, paremos a emerxencia lingüística”, o movemento “Queremos Galego” de Ourense, en colaboración con radioliverdade.com, organiza un acto este xoves 5 de marzo, ás 20:00 horas, no Café Cultural Auriense.
Será un faladoiro sobre o uso do galego nas redes sociais co título “Enredar, enredeime, funme enredando”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Participarán: Mónica F. Valencia, de Queremos Galego, que falará da presentación o 14 de marzo, ás 12:00 horas, na Praza da Quintana de Santiago de Compostela, do Protocolo de actuación ante a emerxencia lingüística”, do proceso social “Lingua Vital”.
Con ela estarán Marta Fernández, de #aradeira.de.súa, Diego Freire, de Noticias Dispersas, e Iván Iglesias, de OUké!. Moderará Alfonso Cid, de radioliverdade.com
O faladoiro “Enredar, enredeime, funme enredando” será gravado para subilo como podcast en audio e vídeo á www.radioliverdade.com e ás redes sociais.
Grazas pola difusión en axendas informativas do xoves 5 de marzo.

















