A proxección dos primeiros capítulos da serie ‘Historias do Carballiño’ obtivo unha excelente acollida no Auditorio

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Auditorio Manuel María do Carballiño acolleu no mediodía de hoxe e cunha importante afluencia a proxección dos tres primeiros capítulos da serie ‘Historias do Carballiño’, realizada polo historiador Carlos Montes utilizando técnicas de Intelixencia Artificial (IA). Máis de 300 persoas asistiron a esta sesión promovida polo Centro de Estudios Chamoso Lamas e a Concellería de Cultura, entidades que colaboran nesta singular iniciativa de recreación histórica da vila do Arenteiro e do seu municipio.

Denantes deste pasa en pantalla panorámica, o propio autor, Carlos Montes, membro do devandito colectivo de investigadores, e Diego Fernández, concelleiro de Cultura, expuxeron varios detalles sobre este proxecto audiovisual

A serie ‘Historias do Carballiño’ estrutúrase en 10 capítulos, cunha duración aproximada de 14 minutos cada un, nos que distintos personaxes históricos narran en primeira persoa os acontecementos máis relevantes de cada época, desde as orixes do Carballiño ata mediados do século XIX.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A través da combinación de documentación histórica, guión narrativo e recreación visual con intelixencia artificial —empregando diferentes ferramentas para xerar imaxes, voces e ambientacións— o proxecto reconstrúe espazos e momentos clave da evolución urbanística e social da vila.

Entre os escenarios recreados atópanse enclaves emblemáticos como a antiga Praza do Cruceiro (hoxe Praza dos Irmáns Prieto) ou a contorna da igrexa de San Antonio, explicando a súa transformación ao longo do tempo.

Posteriormente, a serie publicarase de maneira gratuíta en YouTube, a razón dun capítulo semanal, a través do canal “Historia do Carballiño”. A subscrición permitirá recibir automaticamente cada nova entrega.

https://www.youtube.com/results?search_query=historias+do+carballi%C3%B1o

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------