A asociación veciñal san Breixo de Seixalbo renova a directiva para o período 2026-2030

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Marisol Delgado asume a presidencia, coincidindo co Día Internacional da Muller, dun equipo que suma experiencia e renovación.

O domingo 8 de marzo de 2026, coincidindo co Día Internacional da Muller, a vila de Seixalbo levou a cabo o proceso electoral para a renovación da Xunta Directiva, téndose presentado unha única candidatura na que repiten unha parte importante dos anteriores membros e incorporando caras novas que, en palabras da nova presidenta, significa «unha feliz mestura de experiencia e renovación, que permite re-ilusionar ao equipo e tamén á propia comunidade veciñal»

As eleccións  realízanse cada catro anos, e a presidencia so pode manterse por dous mandatos consecutivos. Xosé Carballido, deixa á máxima representación tras cumprir os oito anos que, como máximo, permiten os Estatutos.

Na súa despedida destacou a feliz coincidencia que asuma o relevo unha muller o Día da Muller: «recibín hai oito anos este bastón de mando de mans dunha muller, a presidenta María Nóvoa, e entrégollo hoxe a outra muller, a presidenta Marisol Delgado; este é o verdadeiro empoderamento: que a muller asuma o rol que lle corresponde: estas cousas pasan en Seixalbo» manifestou Carballido, para posteriormente entregar a Aguillada de Mando á nova presidenta, como recoñecemento público da autoridade e lexitimidade, que esta alzou ante os presentes como símbolo de compromiso de servicio á comunidade.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Atrás quedan oito anos de traballo incansable dunhas directivas que foron capaces de imprimir un dinamismo cultural impensable para unha vila de escasamente mil habitantes dentro do páramo cultural da nosa cidade, ou as mobilizacións para conseguir a fibra óptica ou manter un digno servizo de transporte público, xunto co recordo dunha directiva que, en plena pandemia do Covid, non dubidou en enfundar o mono de traballo para colaborar na desinfección dos espazos públicos e, sobre todo, facer ver á súa veciñanza que non estaban abandonados.

Na súa primeira comparecencia, Marisol Delgado, que xa formou parte do equipo directivo nos últimos anos, reiterou o compromiso de que os veciños e as veciñas son a prioridade absoluta deste novo equipo, preparado, ilusionado e que demostra con feitos a igualdade real entre mulleres e homes desde a súa composición paritaria ata o seu compromiso no día a día.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


«Tras uns momentos de dúbida de presentar candidatura, tivemos un punto de inflexión no que a alternativa era: ou nos presentamos conxuntamente ou pechamos a porta. Decidimos dar un paso adiante, e  hoxe teño un “subidón” : estas novas incorporacións creo que van a aportar moitisimo, de feito, esta ilusión que xa están aportando,  faime crer que o vamos a facer ben» manifestou a emocionada nova líder local.

A destacar que, a pesar de ser unha única candidatura e non ser necesario por tanto un referendo importante, o 60% de electores con dereito a voto acudiron a votar, expresando así un apoio maioritario ao seguinte equipo directivo:

Presidenta                   Marisol Delgado Rodríguez

Vicepresidente            Manuel Garrido Grande

Secretario                   Xosé Carballido Presas

Tesoureira                   María Nóvoa Gómez

Vicesecretaria             María Jesús Abreu Fajardo

Vicetesoureira             Gloria Viana Rivera

Vogal                           Alba Llamas Sotelo

Vogal                           Silvia Casares Cid

Vogal                           Julia Rúa Pérez

Vogal                           Luis Iglesias Fernández

Vogal                           Sergio Amills Freire

Vogal                           Antonio Quintela Iglesias

Vogal                           Arturo Pereira Morales

Vogal                           Juan Cid Bóo

Vogal                           Higinio Nóvoa Santás

Vogal                           Rosendo Prieto Gutierrez

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------