O presidente da Confederación Empresarial de Ourense, David Martínez, mantivo en Madrid unha reunión de traballo con Antonio Garamendi, presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais, co obxectivo de estreitar a relación entre ambas as organizacións e analizar posibles vías de colaboración institucional entre a CEOE e a Confederación Empresarial de Ourense.
Durante o encontro, ambas as entidades coincidiron na importancia de fortalecer a cooperación entre as organizacións empresariais a nivel nacional e territorial para continuar impulsando o desenvolvemento económico, a competitividade empresarial e o apoio ás empresas.
Na reunión tamén participou José Alberto González-Ruiz, secretario xeral da CEOE, con quen se abordou posibles liñas de traballo conxunto orientadas a reforzar a colaboración institucional, o intercambio de iniciativas empresariais e a coordinación de accións en beneficio das empresas e autónomos.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Así mesmo, durante a reunión púxose en valor o bo clima de colaboración e as relacións institucionais existentes entre ambas as organizacións, baseadas na confianza, o diálogo e o compromiso compartido co desenvolvemento empresarial.
Desde CEOE destacouse o traballo que vén desenvolvendo a Confederación Empresarial de Ourense, poñendo en valor o seu papel como unha organización sólida e ben xestionada, así como a súa contribución ao fortalecemento da actividade empresarial na provincia de Ourense
Este encontro reforza os lazos entre ambas as organizacións e abre a porta a futuras iniciativas de colaboración que permitan seguir impulsando o desenvolvemento económico de Ourense e de Galicia.

















