Cine Club proxecta hoxe a película “O sendeiro azul” no Auditorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño presenta para esta fin de semana unha programación dobre. Así, para hoxe, venres, a entidade ofrece dous pases como é habitual da película brasileira “O sendeiro azul”, dirixida por Gabriel Mascaro, que gañou o Oso de Prata e o Premio do Xurado no pasado Festival de Berlín.

O argumento conta que Tereza, de 77 anos, viviu sempre nunha pequena cidade industrial do Brasil. Un día recibe unha notificación oficial do goberno para trasladala a unha colonia remota, creada para que os xubilados pasen os seus derradeiros anos e así deixar espazo aos más novos para que sigan sendo plenamente produtivos. Pero en lugar de aceptar este destino imposto, Tereza rebélase e decide embarcarse nunha viaxe transformadora polo Amazonas para cumprir un derradeiro desexo antes de que lle arrebaten a súa liberdade.

Os pases serán no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán, e, ás 22,30 horas en VOS. 

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

E o vindeiro domingo, día 22, Cine Club programa unha nova película do ciclo adicado a David Lynch, neste caso a que para moitos é a súa mellor película, e considerada como unha auténtica obra mestra. “Unha historia verdadeira” cóntanos a viaxe que emprende Alvin Straigth para visitar ao seu irmán, co que levaba 10 anos enemistado. Un filme fermosísimo e emotivo que é unha auténtica ledicia.

Haberá un único pase, ás 19,00 horas, neste caso en VOS, tamén no Auditorio carballiñés.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------