Galicia descende máis de 700 casos nunha fin de semana, ata case baixar dos 2.000 contaxios

A comunidade galega rexistra hoxe 61 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende con respecto á pasada semana, baixando do centenar diario. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.071, máis de 700 casos menos nesta fin de semana. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 25 (-6)  están en UCI e 68 (-20) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 14 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 243 (-56) casos activos. Os hospitais hoxe presentan 9 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (-1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES