O salón de plenos da Casa Consistorial do Carballiño acolleu esta mañá a presentación oficial do libro “O tempo que nos une: un retrato do clima local”, unha publicación editada polo Concello do Carballiño coa colaboración do Centro de Estudios Chamoso Lamas. No acto, ao que acudíu preto dun cento de persoas, estiveron presentes os autores, os profesores Miguel A. García e Manuel Vázquez Villanueva, acompañados polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o presidente do Centro de Estudios, Carlos Rodríguez Calvo.
Tras unha pequena introducción por parte do edil de Cultura, Carlos Rodríguez salientou a traxectoria do Chamoso Lamas, ao que pertencen os dous autores, “e que durante máis de 30 anos leva traballado arreo na investigación e na divulgación do extenso patrimonio das comarcas do Carballiño e do Ribeiro”.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A continuación, Vázquez e García debullaron os aspectos máis salientables da publicación, cunha primeira parte adicada á climatoloxía e o medio ambiente; unha segunda centrada no Carballiño e a importancia do clima na vida e na saúde humana. e, unha terceira, sobre a fenoloxía, a interrelación entre as variables meteorolóxicas e os seres vivos, xa sexan animais ou plantas. Todo elo co obxectivo de que o libro sexa unha completa guía de consulta para coñecer o desenvolvemento meteorolóxico dos últimos 40 anos no ámbeto do Carballiño, cos datos recollidos por Miguel García na Estación Meteorolóxica do IES Chamoso Lamas da vila do Arenteiro.
Ao remate do acto, os dous autores asinaron exemplares da publicación aos asistentes.

















