Cine Club Carballiño despide o mes de abril ofrecendo dobre programación nesta vindeira fin de semana. Así, o vindeiro venres, día 24, proxectarase a comedia danesa “O último viquingo”, dirixida por Anders Thomas Jensen, un dos nosos directores e guionistas favoritos (En un mundo mejor, Jinetes de la justicia, La tierra prometida, …) e responsable de varios dos éxitos máis recentes do cinema nórdico.

Trátase dunha atolada mistura de xéneros, algo habitual no seu cinema, a cabalo entre a comedia negra e o drama, e todo aderezado cunha estupenda banda sonora. Ancker sae de prisión tras cumprir unha cadea de quince anos por roubo. O diñeiro do atraco foi soterrado polo seu irmán Manfred. Solo el sabe onde está. Por desgraza, dende entón Manfred desenvolveu un trastorno mental que lle fixo esquecer todo. Xuntos, os irmáns emprenden unha viaxe inesperada para atopar o diñeiro e descubrir quen son en realidade. Os pases serán ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e as 22,30 horas en VOS, no Auditorio Manuel María.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
E o domingo, 26 de abril, ás 19,00 horas, tamén no Auditorio carballiñés, o Cine Club ofrece unha película enmarcada na sección ‘Filmoteca’, “Historias do bó val”, recente estrea do director español José Luis Guerín, centrada na vida do barrio de Vallbona, situado no extrarradio de Barcelona, e onde aínda conviven o rural e o urbano, con formas de vida e existencia que xa foron desterradas fai tempo do centro das cidades. Un aúténtico canto á vida e á resistencia nas marxes. A película foi galardoada co Premio especial do Xurado no pasado Festival de San Sebastián.

















