A Praza de Abastos celebrará o vindeiro sábado o ‘Día do Mercado’ con sorteos, agasallos e degustacións

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Concellería de Comercio e o Centro Comercial Aberto (CCA) do Carballiño son os organizadores da campaña de promoción especial que se vén desenvolvendo dende o 1 de maio para conmemorar o ‘Día do Mercado’ e que rematará o vindeiro sábado, día 30, cunha celebración na propia Praza de Abastos da vila.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Según explicou a concelleira de Comercio, Diana González, o programa previsto para esa xornada inclúe “unha degustación de produtos locais, unha cata de viños e a entrega de agasallos a todas ás persoas que se acheguen ata o mercado do Carballiño a partir das 11,00 horas”. Asemade, procederase, ao fío das 13,00 horas, ao sorteo das cestas con produtos da zona entre os clientes da Praza que posúan os boletos de compra entregados polos praceiros durante a campaña.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Pola súa banda, Noelia Mares, a xerente do CCA, suliñou que “estamos gratamente sorprendidos pola acollida que tivo esta campaña e polo movemento rexistrado na Praza de Abastos ao longo do mes, foi unha participación asombrosa”. O obxectivo desta iniciativa “é premiar a fidelidade de toda a xente que vai mercar á Praza de Abastos e que así aposta polo produto de calidade que ofrecen os praceiros do Carballiño”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------