Máis de 4.000 persoas desfrutaron en Expourense dos xogos deportivos inclusivos de ‘Sportur Galicia’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Expourense converteuse durante tres días nunha gran cancha polideportiva na que a vintena de asociación participantes organizaron clases abertas, exhibicións, torneos e Copas Deputación que convocaron en total a 4.000 deportistas de todas as idades con e sen diversidade funcional. Máis alá da instalación da pista de atletismo cuberta entre os meses de decembro e marzo, Expourense posiciónase así como un dos grandes espazos deportivos a ter en conta á hora de organizar copas e campionatos a nivel autonómico ou nacional, xa que o pavillón central do recinto, de 8.000 metros cadrados sen columnas, permite a instalación de distintos tipos de canchas para practicar, como se puido ver nestes Xogos Deportivos, unha vintena de deportes.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Se nas dúas primeiras xornadas se contou coa visita e participación activa de escolares de Primaria e Secundaria de distintos centros educativos da provincia de Ourense, onte, sábado, foi o día adicado ás competicións provinciais de todas as categorías. Hoxe foi un día de medallas, trofeos e fotos de equipo. Entre outras competicións, hoxe desputouse a Copa Deputación de MiniBalonmán e a de Pequevolei que convocaron ao longo de toda a xornada a centos de deportistas e ás súas familias. Houbo ademais torneos de Roller Cross e Bádminton e clases abertas de esgrima antiga.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A novena edición de Sportur Galicia continuará os días 3 e 4 de decembro coa celebración do VII Congreso Internacional sobre Turismo e Deporte, centrado xa no aspecto profesional deste sector.

Sportur Galicia-Xogos Deportivos estivo organizado por Expourense co apoio Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense.

Expourense remata así a actividade feiral do primeiro semestre do ano aínda que a actividade continúa esta mesma semana. O mércores 3 de xuño, ás 10,30 horas. presentará a súa Memoria de Actividades correpondente ao ano 2025 e o sábado 6 acollerá o primeiro dos concertos do “Ou Yeah Fest!”, que inclúe a actuación de Kittym Dausy and Lewis; The Rapants e Loquillo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------