Rosa Fuentes, concelleira de Servizos Públicos e Benestar Comunitario, recolleu onte o premio ‘Escoba de Plata’, que otorga a Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente (Ategrus), nunha gala celebrada en IFEMA, en Madrid. Trátase da primeira vez que O Carballiño recibe este recoñecemento, referente no sector medioambiental español. O galardón pon en valor o traballo realizado pola devandita área municipal na reorganización do servizo de limpeza viaria segundo criterios de sostibilidade e optimización da auga.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A concelleira aproveitou a ocasión para entregarlle dous agasallos do Carballiño, unha pulpeira e unha figura da Veracruz, a Javier Irigoyen, director general de FCC Medio Ambiente, e a Ernesto Barrio, director da delegación Noroeste de FCC Medio Ambiente.

















