Os medallistas nacionais do Ximnasio Madokoan foron recibidos polas autoridades na Casa do Concello

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alcalde en funcións, José Castro-Gil; e os concelleiros de Cultura, Diego Fernández; Turismo, Manuel Dacal, e Educación, Lorena Castro, recibiron esta mañá na Casa Consistorial aos sete deportistas carballiñeses do Ximnasio Madokoan do Carballiño que formaron parte da Selección Galega de Kickboxing e Muaythai e que colleitaron un total de 18 medallas no Open Nacional de Iska.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Desde o grupo municipal de goberno poñen en valor o traballo e esforzo de Alejandro Carnero, Yago Brito, Ares Caldera, Sarahy Lorenzo, Valeria Rivero, Uxía Teixira e Lorena Da Silva, ao mesmo tempo que lle desexan moita sorte para o Campionato do Mundo Iska, que se celebrará no mes de novembro en Madrid.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------