Os tres mellores deseños de camisetas da Festa do Pulpo levaránse 600 euros en premios

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño vén de abrir o prazo de inscrición no concurso da Festa das Camisetas, no que cada ano participan numerosas agrupacións e asociacións, así como familias e grupos de rapaces e rapazas. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria nas oficinas municipais de Cultura, no segundo andar da Casa Consistorial, ata o próximo 5 de agosto.

O deseño das camisetas pode conter debuxos, imaxes, tipografías, frases, palabras, números ou calquera outro elemento gráfico, e poderá ser impreso sobre unha camiseta de calquera cor, sexa na parte dianteira, na traseira, ou en ambas. O estilo do deseño é libre, pero a temática debe estar relacionada con Lanzarote, a illa canaria a que se lle adica a 64ª Festa do Pulpo. Cada agrupación só pode presentar un único deseño de camiseta.

O concurso levarase a cabo durante a Festa das Camisetas, o próximo sábado 8 de agosto, na Praza Maior. O xurado, presidido polo concelleiro de Turismo, estará formado por un representante de cada peña. A agrupación gañadora levarase 300 euros, a segunda clasificada, 200 euros, e a terceira, 100 euros. Ademais, todas aquelas peñas que cumpran cos requisitos indicados nas bases percibirán 60 euros (en caso de agotarse o crédito previsto, esta compensación entregarase por orde de inscrición).

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------