O BNG cualifica os tres anos de goberno de Luís Menor como un mandato marcado pola irrelevancia do PP na defensa de Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Bernardo Varela: “A perda da maiora absoluta obrigou ao PP a mellorar parcialmente o financiamento dos concellos, pero mantivo intacto o modelo baltarista de enchufismo mentres a debilidade polítca de Menor levou á irrelevancia da Deputación na defensa de Ourense”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ourense, 29 de xullo de 2026. O portavoz provincial do BNG de Ourense, Bernardo Varela, valorou os tres anos de goberno de Luís Menor como presidente da Deputación neste mandato. Varela comezou sinalando que a perda da maioría absoluta do PP na Deputación de Ourense e a conseguinte debilidade política do seu goberno permitiron á oposición impulsar os primeiros avances en cuestións que durante décadas os populares bloquearon sistematicamente. O portavoz nacionalista sinalou que: “Mentres dispuxeron dunha maioría absoluta, o PP utilizou a institución provincial para manter un modelo de xestión baseado na discrecionalidade e nos intereses partidarios, afastado das necesidades reais da veciñanza e dos concellos.”

A esta perda de forza institucional súmase tamén a crecente irrelevancia política do PP de Luís Menor na defensa dos intereses de Ourense. Lonxe de exercer un liderado fronte á Xunta de Galiza, a Deputación converteuse nunha institución subordinada ás decisións que se adoptan en Compostela. O futuro das grandes infraestruturas, dos servizos públicos ou dos investimentos estratéxicos para a provincia non se decide en Ourense nin se condiciona desde a Deputación, senón que queda supeditado ao que determina o Goberno galego, sen que dende a Deputación se amose capacidade nin vontade para influír nesas decisións. “O PP de Luís Menor renunciou a defender Ourense. Hoxe as grandes decisións que afectan á provincia tómanse en Compostela e a Deputación limítase a acatalas, sen exercer ningunha capacidade de influencia nin de reivindicación”, afirmou Bernardo Varela.

O modelo de financiamento que historicamente vén reclamando o BNG para os concellos da provincia, baseado nun reparto equitativo dos fondos provinciais mediante un Plan Único sustentado en criterios obxectivos, foi defendido polos nacionalistas lexislatura tras lexislatura a través das emendas á totalidade dos orzamentos provinciais, demostrando sempre a súa viabilidade económica. O PP rexeitou esta proposta durante anos porque a súa maioría absoluta lle permitía manter un sistema de reparto condicionado polos seus propios intereses políticos. A perda desa maioría puxo fin a esa capacidade de bloqueo e obrigou aos populares a asumir, aínda que parcialmente, unha reivindicación histórica do BNG e do municipalismo da provincia.

A mellora do financiamento dos concellos entendemos que mais que responder a un cambio de criterio do PP, faino a incapacidade para actuar de maneira unilateral. A perda da maioría absoluta reduciu a súa marxe para empregar os fondos públicos como instrumento de control político, obrigándoo a atender unha demanda amplamente compartida polos concellos e que xa non podía seguir ignorando, sinalou Varela.

Porén, os avances seguen sendo claramente insuficientes. A xestión transparente e xusta dos recursos públicos continúa a ser unha materia pendente, xa que o PP mantén a maior parte das subvencións especialmente a entidades e asociacións cun reparto sen criterios obxectivos, perpetuando un espazo para a discrecionalidade e impedindo garantir un reparto xusto e con criterios obxetivos. A perda da maioría do Grupo Popular na Deputación levou a un cambio, que dista de ser o necesario.

Esta continuidade tamén se puxo de manifesto na política de persoal impulsada polo presidente Luís Menor, que mantivo no esencial o modelo do Baltarismo, baseado no enchufismo e na discrecionalidade dos nomeamentos e contratacións.

Exemplo diste continuismo tamén foiMEISA, para que a Deputación seguise drenando recursos públicos sen o menor viso de retorno para as arcas públicas durante estes tres anos, é tamén un claro síntoma de continuidade e da escasa vontade política de cambio. Onde por certo se chegara ó acordo da busca de solucións a través dunha mesa da que nunca mais voltamos saber.

O pregamento do PP de Ourense (que ven de lonxe, se cadra antes mantíñase máis no formal unha certa autonomía) determinou un seguidismo do actual presidente á Xunta de Galiza, que veu consolidar unha provincia “low cost”, na que sigue a permitirse que as infraestruturas e os servizos públicos estean sistematicamente por debaixo dos doutras provincias.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O PP provincial consolidou un papel secundario no que practicamente todas as decisións estratéxicas dependen de Compostela, convertendo a Deputación nun mero executor das prioridades marcadas desde San Caetano e non nunha institución que lidere as reivindicacións da veciñanza de Ourense.

A renuncia a ter un centro de atención a persoas con discapacidade público e de xestión pública, como existe no resto das provincias galegas, foi asumido por un presidente da Deputación incapaz de confrontar coas decisións procedentes da Xunta, sexan estas acordes cos intereses de Ourense ou non. Ou a resignación a un Centro Hospitalario parcheado unha e outra vez, por non falar da incapacidade para liderar temas como o aproveitamento dos recursos enerxéticos ou minerais da provincia poñendo os intereses da veciñanza de Ourense primeiro.

“A provincia continúa acumulando agravios sen atopar no liderazgo da Deputación unha voz que os combata, porque a prioridade do actual goberno provincial é evitar calquera discrepancia co Goberno galego.” Concluíu Varela

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------