---------------------------------------------------------------------------------------------------------
A organización da ‘Festa do Pulpo’ vén de anunciar que nesta 64ª edición renderá unha merecida homenaxe a Francisco Valeiras Baranda, que se xubilou o ano pasado tras permanecer preto de 30 anos á fronte da Policía Local do Carballiño.
O acto terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello do Carballiño o vindeiro luns, 3 de agosto, ás 11,30 horas, e contará coa presenza de Paco Valeiras e integrantes da Corporación Municipal.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















