Xa está convocado o xurado para seleccionar a obra gañadora do VII Premio Antón Risco de Literatura Fantástica.

IES CHAMOSO LAMAS

O xurado do VII Premio Antón Risco de Literatura Fantástica está composto por José Nicanor Alonso Álvarez, profesor da Universidade de Vigo e escritor, Silvia Alves, escritora, Luis González Tosar, profesor e escritor, María Teresa Jiménez Pérez, Catedrática de Ensino Secundario e tradutora, e Rosa Suárez Canal, profesora de Ensino Secundario. En representación da Fundación Vicente Risco exerce como Secretaria, sen voz e sen voto, Ana Gloria Rodríguez Alonso. A obra gañadora do premio darase a coñecer o sábado, día 4 de xuño de 2022.