O Aparthotel Arenteiro acolle este xoves a presentación do libro “Diálogo con lo invisible”, de Marina Ortega e José Manuel Prado, sobre aspectos vitais da discapacidade

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os carballiñeses José Manuel Prado e Marina Ortega propoñen no seu libro “Diálogo con lo invisible” unha viaxe íntima e emocionante ás vivencias, incógnitas e desafíos que unha persoa con discapacidade ten que afrontar na sociedade actual. Marina, psicóloga sanitaria e forense, e José Manuel, paralítico cerebral e exatleta paralímpico na disciplina de boccia, falan das “relacións afectivo-sexuais dunha persoa con discapacidade, as súas necesidades e os atrancos que atopa, nun diálogo con preguntas e respostas e a análise das súas correspondentes conclusións”, apunta a coautora desta publicación.

Unha visión do vivir diario dunha persoa con discapacidade, José Manuel, dende a súa perspectiva e co obxectivo de tentar que o lector se poña no seu lugar e coñeza a súa realidade e os problemas aos que se enfronta no seu día a día.

A presentación de “Diálogo con lo invisible” terá lugar este vindeiro xoves, 13 de agosto, ás 20,00 horas, no salón de actos do Aparthotel Arenteiro do Carballiño, e na que o afamado escritor e crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández actuará como fío conductor. O tamén carballiñés prestou a súa colaboración, de xeito desinteresado, en tarefas de asesoramento e supervisión duarante a elaboración deste libro.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------