A praza do Arenteiro, en Piñor, acolle o vindeiro xoves a proxección da película “Rondallas”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vineiro xoves, 20 de agosto, ás 22,00 horas e na praza da localidade de Arenteiro, no municipio de Piñor, terá lugar a proxección da película “Rondallas”, dirixida por Daniel Sánchez Arévalo, dentro do Circuíto Provincial de Cine de Verán da Deputación Provincial de Ourense.

A sinopse é a seguinte: dous anos despois dun tráxico naufraxio dun barco pesqueiro que sacudiu a un pequeno pobo mariñeiro, os veciños deciden que xa es hora de recuperar a ilusión e deixar o loito atrás. Por iso volven a unirse e poñen en marcha a rondalla, unha agrupación de música tradicional na que participan desde nenos ata os máis maiores, coa intención de competir nun concurso contra os pobos veciños, pero sobre todo de empezar a mirar cara diante de novo.

O acceso á proxección é totalmente libre é de balde.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------