O Arenteiro Fotográfico acollerá dende o día 12 un total de 16 exposicións e a masterclass do fotógrafo Mario Cea

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño, a través da Concellería de Cultura, colabora un ano máis no Arenteiro Fotográfico 2026 impulsado pola asociación O’Potiños, unha cita que en cada edición reúne na vila a numerosos afeccionados á arte da imaxe. A inauguración do festival será o próximo sábado, 12 de setembro, ás 17,30 horas, no Auditorio Manuel María, onde se poderán visitar as 16 exposicións fotográficas participantes. O acto de apertura contará coa actuación de Alexandre Cabanelas e Sander Ulloa, e incluirá a entrega dos premios do Concurso de Fotografía Libre 2026.

“Desde o 12 de setembro ata o 30 de outubro, O Carballiño convertirase no epicentro fotográfico do noroeste peninsular”, destaca Diego Fernández, concelleiro de Cultura, quen pon en valor o traballo da asociación O’Potiños a prol da cultura e da fotografía na vila. As exposicións, individuais e colectivas, reflicten unha ampla variedade de temáticas, puntos de vista, técnicas e miradas. “Animamos á poboación a achegarse ao Auditorio e desfrutar da gran calidade das propostas deste ano”, engade.

Ademais das mostras, o Arenteiro Fotográfico 2026 inclúe unha masterclass co recoñecido fotógrafo Mario Cea. “Presentará o seu traballo e contará como realiza esas imaxes tan impresionantes de animais e da natureza”, indica Manuel Blanco, presidente de O’Potiños. O encontro terá lugar na Casa da Cultura o día 19 de setembro ás 17,00 horas. Para participar é preciso inscribirse a través de info@potinos.com.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------