O pasado martes pola tarde rexistrouse un accidente de tráfico na rúa Marcelino Parrondo, no Carballiño.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
Segundo as primeiras informacións, unha das persoas implicadas no sinistro deuse á fuga. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local e do Servizo de Emerxencias do Carballiño.

Afortunadamente, non houbo que lamentar feridos.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------


















