Ourense, 10 de setembro de 2026_ A presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, presentaron esta mañá en Ourense o proxecto “Impulsa Comercio Galicia. Xornadas de networking e cápsulas formativas para evolucionar a xestión do teu negocio“. O acto contou tamén coa asistencia do presidente da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), David Martínez, así como doutros representantes do sector comercial ourensano.
Impulsa Comercio Galicia é un programa extraordinario de formación e asesoramento dirixido ao sector comercial galego, que nace co obxectivo principal de reforzar as competencias dos profesionais do comercio da nosa Comunidade Autónoma. Para iso, o ciclo estrutúrase arredor de catro sesións de networking e diferentes cápsulas formativas sobre dixitalización, marketing e vendas, xestión e estratexia, tendencias e sustentabilidade.
As xornadas presenciais se proxectan como encontros próximos, prácticos e participativos, permitirán compartir problemáticas comúns, coñecer experiencias reais e xerar un espazo útil para o debate, a aprendizaxe e a creación de novas conexións profesionais.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Por outro lado, iranse publicando paralelamente webinars de curta duración, formato cápsulas formativas; cun acceso permanente ás gravacións, que quedarán nun repositorio en www.comerciogalicia.org e no canal de Youtube da Federación Galega de Comercio.
O proxecto, que arrancou hoxe na sede da CEO cunha sesión sobre dixitalización, supón unha magnífica oportunidade para que os profesionais do comercio actualicen os seus coñecementos e impulsar a competitividade do sector.


















