ABANCA e a Confederación Empresarial de Ourense firman un convenio de colaboración financeira

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

ABANCA pon á disposición da CEO, das súas empresas e asociacións un abanico de servizos e opcións de financiamento

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ourense, 26 de outubro de 2026. ABANCA e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) subscribiron esta mañá un convenio de colaboración financeira para apoiar as empresas asociadas e as asociacións integrantes da entidade empresarial. Na firma do acordo, realizada na sede da CEO, participaron David Martínez, presidente da CEO, e Lino Comesaña, director de Negocio Institucional de ABANCA.

O convenio ten unha vixencia dun ano. Grazas a el, as empresas asociadas poderán acceder a préstamos persoais, leasing mobiliario e inmobiliario, pólizas de crédito e avais, así como a desconto comercial, confirming, anticipo de subvencións e financiamento do pagamento de impostos. Tamén poderán beneficiarse das liñas de financiamento oficial do ICO e das SGR.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O acordo inclúe ademais TPV físico e virtual, cunha tarifa plana do 0,35 % durante os tres primeiros meses; o Programa Servizos ABANCA para autónomos e micropemes; banca electrónica; a solución Appúntame para a xestión de cobros periódicos; e asesoramento en seguros.

A CEO difundirá o convenio entre as súas empresas e entidades asociadas para que poidan acceder a todos estes servizos en condicións vantaxosas para as súas actividades e negocios.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------