O Auditorio Manuel María do Carballiño completou o seu aforo onte pola noite coa celebración da gala de inauguración do Festival Internacional de Curtametraxes ‘Xociviga 2026’, na que se proxectou a película “Taxi driver” con motivo do 50º aniversario da súa estrea e contando coa interpretación en vivo da súa banda sonora, que correu a cargo do cuarteto de jazz integrado por Sander Ulloa, Abraham Santiago, Luis Vivas e Loren Tabarés. No acto estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e a deputada provincial Patricia Torres.

A organización do certame seleccionou para o concurso da sección oficial ‘Xentes’, e que se proxectará dende hoxe, xoves 26, ata o sábado 28 de novembro, en sesións gratuítas en horario de 17,30, 19,00 e 20,30 horas no mesmo Auditorio.
Son un total de 25 produccións procedentes de Galicia e doutras comunidades do Estado; Portugal, Francia, Estados Unidos, Canadá, Perú, Haití, China, Colombia, México, Alemaña, Italia, Reino Unido, Turquía, Suecia, Dinamarca, Suiza, Bélxica, Australia e Lituania, entre as propostas audiovisuais destacan varias estreas en España e Galicia.
Xoves 26:
- 17.30h: Xentes I | Sección Oficial. Chuuraa | Cara de Cona | Porkatal. 1 Estrea en Galicia.
- 19.00h: Xentes II | Sección Oficial. Instrucciones para cocinar un pollo bajo tierra | Poster Boy | Delay. 1 Estrea en España. 1 Estrea en Galicia.
- 20.30h: Xentes III | Sección Oficial. Wonderwall | O Corpo de Cristo | City of owls. 2 Estreas en España.
Venres 27:
- 17.30h: Xentes IV | Sección Oficial. Class photo | The QR-Code of Frankeasy | Brute. 3 Estreas en Galicia.
- 19.00h: Xentes V | Sección Oficial. Praia de Pedra | I Walked Through the Wall | No hay camino.
- 20.30h: Xentes VI | Sección Oficial. A Wolf in the Suburbs | La veritat et rebutja, Cornelius | Thanks for considering me. 2 Estreas en España. 1 Estrea en Galicia.
- 23.00h: Filme sorpresa de terror.
Sábado 28:
- 11.30h: Shrek. 25 Aniversario. Con proxección dos traballos do Obradoiro Infantil.
- 17.30h: Xentes VII | Sección Oficial. Allá en el cielo | The End Autokar. 2 Estreas en Galicia.
- 19.00h: Xentes VIII | Sección Oficial. Habibi | Dieu est timide | Oh Boys! | Blue Heart. 3 Estreas en Galicia.
















