Celebrarase o domingo 16 de outubro, e pretende ser unha cita para toda a familia, que combine a actividade deportiva, lúdica e a concienciación do uso da bicicleta, ao mesmo tempo que se promove un maior respecto aos ciclistas e a educación vial entre as xeracións máis novas.
Ribadavia a 27 de setembro de 2022.
Despois de máis de 3 anos na que se celebrara a última edición en Ribadavia dun Día da Bici, en maio do 2019, volve o Día da Bici coa súa edición 26ª a Ribadavia.
A Concellaría de Deportes programou un evento lúdico-deportivo, non competitivo, que ten como obxectivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.
En nome da organización do evento, o Concelleiro Enrique Rodríguez, busca que sexa unha actividade que permita que os nosos nenos e nenas coñezan moitas das nosas rúas centricas sen coches, ao mesmo tempo que se pon en valor a bicicleta coma un medio de transporte cómodo e con moitas vantaxes. Outro dos obxectivos é fomentar o ciclismo coma un deporte atractivo e fermoso, e promover un maior respecto aos ciclistas e a educación vial entre as xeracións máis novas.
A participación e libre, para todas as idades, os 300 primeiros que se inscriban a través da web www.deportesribadavia.es entregaráselle unha mochila e unha camiseta conmemorativa do evento que poderán recoller na Praza Maior a partir das 10:00 horas ata as 10:45 h.
SORTEO: ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, para todos os inscritos a través da web https://deportesribadavia.es/inscricion-26a-dia-da-bici-ribadavia-16-outubro-2022/
🚲 26° DÍA DA BICI 🚲
DATA: 16 de Outubro do 2022.
HORARIO: Saída as 11:00 h. da Praza Maior.
PERCORRIDO semiurbano:
Praza Maior, Rúa Progreso, Rúa do Carballiño, A Veronza, Camiño do Rio, Francelos, San Lázaro, Praza Maior.