O Concello recorda que é titularidade da Xunta, do SERGAS, e que a Consellaría de Infraestruturas da Xunta está realizando este tipo de obras en moitos centros sanitarios de Galicia.
O mal estado do actual do acceso ao centro de saúde e do seu aparcamento, non só provoca malestar aos pacientes, senón que ademais provoca frecuentes incumprimentos da norma de tráfico, obrigando a moitas ambulancias e usuarios a saír marcha atrás para incorporarse á rúa do Carballiño.
Agardamos contar coa colaboración da Xunta na mesma medida que estes municipios, e desde o Concello de Ribadavia reiteramos o noso total ofrecemento para colaborar tamén economicamente e participar nesta mellora en todo o que nos requira a XUNTA, como Administración titular que é.
A XUNTA DE GOBERNO DE RIBADAVIA DE 27 DE OUTUBRO REITEROU Á XUNTA A MELLORA DO APARCADOIRO DO CENTRO DE SAÚDE DE RIBADAVIA CUXA TITULARIDADE É DA XUNTA- SERGAS (SENDO PROPIEDADE DO INSS).
O Xerente do SERGAS en Ourense ven de responder ao Concello de Ribadavia en outubro do 2022 á petición realizada en maio de 2021 de mellora dos accesos e aparcadoiro do Centro de Saúde.
Desde o Concello agradecemos a resposta e solicitamos de novo que sexa a Xunta desde a Consellaría que estime a Administración autonómica, sexa a de Infraestruturas e Mobilidade ou outra, se a Consellaría de Sanidade non se fai cargo desta obra.
Ao Concello élle indiferente que Consellaría / departamento da Xunta realice dita obra, polo que demandamos que se inician os tramites o antes posible para realizar a mellora do vial de acceso/aparcadoiro do Centro de Saúde de Ribadavia.
O Concello reitera á XUNTA a petición realizada en maio de 2021 de mellora do acceso ao propio Centro de Saúde, xa que dito terreo forma parte da propia infraestrutura sanitaria.
1º. Recordamos que ditos terreos son de titularidade do SERGAS, sendo polo tanto o organismo que debe autorizar e cedelos á XUNTA, a Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade, ou a outro departamento que considere pertinente, para melloralos da mesma maneira que a Xunta está a facer noutros municipios.
2º. Solicitar ao Xerente do SERGAS que autorice a cesión dos terreos da Xunta para a súa mellora.
3º. Unha vez se cedan os terreos, solicitar que o SERGAS, ao igual que tamén fará o Concello, que á Consellaría de Infraestruturas mellore este vial de acceso/ aparcamento.
4º. Manifestar o compromiso do Concello para mellorar o estado no que se atopa o acceso ao centro de saúde, que tamén forma parte e pertence ao complexo do Centro de Saúde.
Sendo de titularidade da XUNTA- SERGAS (cedidos desde o INSS) é responsabilidade de todas as administracións a súa mellora, por conseguinte o Concello de Ribadavia comprometese tamén a colaborar en todo o que sexa necesario para a súa mellora.
5º. Agardamos contar coa colaboración da Xunta na mesma medida que estes municipios, e desde o Concello de Ribadavia reiteramos o noso total ofrecemento para colaborar tamén economicamente e participar nesta mellora en todo o que nos requira a XUNTA, como Administración titular que é.
6º. Recordamos que o mal estado do actual do acceso ao centro de saúde, non só provoca malestar aos usuarios e pacientes, senón que ademais provoca frecuentes incumprimentos da norma de tráfico, obrigando a moitas ambulancias e usuarios a saír marcha atrás para incorporarse á rúa do Carballiño.
A policía local sinala que se incorre de maneira sistemática no incumprimento da normativa de tráfico, saíndo moitos vehículos e ambulancias marcha atrás por facerse imposible manobrar dentro do recinto do SERGAS.
Esta situación xa se sinalaba nos informes e proxecto remitido polo Concello en maio de 2021, e no mesmo faciase unha proposta para resolver os problemas existentes, reiterando o ofrecemento do Concello a participar da man da Xunta na mellora desta infraestrutura autonómica.