O Centro de Estudios Chamoso Lamas, continuando coa iniciativa da posta en valor do patrimonio cultural do Carballiño, organizou, en colaboración coa Cofradía da Veracruz e o Concello, un novo roteiro.
Os historiadores e investigadores Juan Manuel Rodríguez, Xosé Luis Sobrado e Alicia Graña explicaron a historia, arte e arquitectura das construcións relixiosas do casco urbano: Igrexa Parroquial de San Cibrao, Capela do Sagrado Corazón, Capela da Residencia Irmáns Prieto e Templo da Veracruz.
Contou cunha participación dunhas 60 persoas e trátase do segundo que organiza o centro no que vai de ano, e que continuará nos vindeiros meses con outros percorridos de interese histórico e cultural.