O PP critica que o concello deixe pasar unha subvención para melloras de espazos deportivos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Popular do Carballiño critica que o goberno actual deixara pasar unha subvención para a mellora dos espazos deportivos. Aseguran que O Carballiño precisa dun goberno máis eficiente. Fixeron a súa queixa a través deste comunicado:

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

“O día 27 de marzo de 2023, por medio do DOG Xunta de Galicia publica as bases
dirixidas a concellos para CONSTRUCCIÓN, REFORMA, REPARACIÓN, ADECUACIÓN
OU MELLORA DE INSTALACIONS DEPORTIVAS MUNICIAPIS E PARA A ADQUISICIÓN
DE MATERIAL DEPORTIVO INVENTARIABLE para os anos 2023 e 2024
Nesta convocatoria, que como ben se desprense do título, a veciñanza pode
determinar en que se podería invertir, se financia ata o 80% do orzamento da obra
ou equipamento, cun máximo de 50.000€ para obras e 10.000€ para equipamentos.
Pois desta, e van varias ocasiónsns, o Concello deixará de recibir 60.000€ para obras
e equipamentos de instalación deportivas.

Poderían ser 60.000€ para o Pabellón, para a Uceira, para pistas de tenis, para
calqueira cousa, PERO NON SERÁ PARA NADA, POIS PARA NADA SE SOLICITOU.
Non é de recibo, que se saque peito para decir que as administración non se
deteñen no Carballiño para mellorar as instalación deportivas como xustificación de
que nada se fai, cando resulta que existen as convocatorias públicas, e nin se miran
para elas, ou se miran e se pasa delas, sexa cal sexa a razón, o resultado é NEFASTO
PARA OS INERES DO CARBALLIÑO.

Esperamos que a solicitude que se fixo á Xunta de Galicia “a requerimento do Grupo
municipal do PP” pois es que nin se enteraban, sirva para mellorar o alumeado de
Espiñedo, Pabellón e Uceira.

ENTENDEMOS QUE NO CARBALLIÑO, SI OU SI, FAI FALTA O CAMBIO HACIA UN
GOBERNO EFICIENTE”.