O club Aehde, segundo clasificado no trofeo internacional de Vigo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A coreografía quedouse a catro décimas do primeiro posto nunha cita con 19 equipos en competición

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo show do Club Patinaxe Aehde O Carballiño conseguiu un novo éxito esta fin de semana ao subirse ao segundo caixón do podio no Trofeo Internacional de Vigo de grupos show, unha das citas máis senlleiras dentro do calendario desta modalidade.

O seu excelente desempeño sobre o parqué da cancha central do pavillón vigués das Travesas mereceu que a coreografía , obra da adestradora Nerea Estévez, obtivese 18,50 puntos no sistema RollArt, a tan so catro décimas do club gañador, o Luar de Ponteareas. O terceiro posto foi para o Inercia de Narón, todo na categoría de grupos pequenos (ata 12 patinadoras) promocionais, a categoría con máis participación de todo o torneo.

Para o club carballiñés o de Vigo é o seu cuarto podio noutras tantas competiciones celebradas esta tempada. A vindeira fin de semana, e actuando como anfitrión, o Club Aehde afrontará a Copa Galega de show, unha cita que reunirá no Paco Chao a preto de 700 participantes.