Luis Seara, chamou á atención sobre a situación deste edificio, que leva 38 anos baleiro, e deu un toque de atención ao goberno municipal para que non desaproveite unha oportunidade histórica para rehabilítalo e polo en valor.
Esa oportunidade á que referiu o portavoz nacionalista é a convocatoria do plan de axudas estatal para financiar traballos de conservación e arriquecemento de bens inmobles do patrimonio histórico artístico dentro do programa do 2% cultural, que remata o vindeiro 15 de outubro.
A vella cadea cumple os requisitos que se esixen para concurrir cúmplense:
1.- O edificio, que conta con protección integral, está dentro dun espazo catalogado BIC (grazas á catalogación feita polo BNG no seu día, isto sería posible)
2.- que sexa de titulariedade pública.
Os nacionalistas son conscentes de que concello, deputación e consorcio da UNED asinaron un protocolo en 2022 para a rehabilitación, e posterior traslado do centro universitario, pero tamén saben que o proxecto que se presentou no seu día, para reclamar fondos dos Next Generation, para a futura rehabilitación da antigua cadea e convertila en futura sede da UNED, cun custo estimado en 3, quedou fóra, obtendo unha baixa puntuación (41,75 puntos sobre 100).
Por iso, os/as concelleiros/as do BNG están conveancid@s que é posible ter éxito nunha futura convocatoria e acadar os fondos precisos, co plantexamento dunha proposta distinta que aproveite un dos elementos singulares que temos, como e o uso termal, tendo en conta que no baixo do edificio hai surxencias polas que manan 2l/segundo de auga termal. Este espazo, xunto coa antiga casa de baños, figura no Plan Estratéxico Termal como un espazo a desenvolver desde o punto de vista termal.
A vella cadea é un lugar de memoria para moita xente que tivo familiares represaliados, polo que entendemos que calquera intervención debe ir ligada a unha lembranza e homenaxe do que significou o edificio na súa historia, para que a veciñanza sexa partícipe, dí o portavoz nacionalista, Luis Seara.
Tamén temos que ter en conta que o espazo no que se ubica a vella cadea é un espazo de transición entre a zona histórica (complexo termal da Burga) e a Muiñeira, cun mirador sobre o paseo do Barbaña, paseo que vai ser obxecto de recuperación por parte da Xunta de Galiza, e por tanto a recuperación ten que ter en conta este aspecto.
Hai exemplos de rehabilitacións interesantes en edificios de similares características (cadea vella de Lugo), que converten ao edificio nun espazo multifuncional, que se complementa coa recuperación da memoria histórica) que poden servir de referencia para Ourense, se ben aquí temos un elemento diferencial, xerador de valor engadido como é o posible uso termal.
Por iso, o BNG pídelle ao alcalde, que se tome esta cuestión con interés e entusiasmo para poder presentar o mellor proxecto posible, tendo en conta que o prazo remata o 15 de outubro deste ano.