George Ofilant (53 anos) faleceu esta noite por causas naturais mentres se encontraba no seu aloxamento no Centro Residencial Docente de Ourense e despois de ter participado na cerimonio inaugural das Xornadas
DECLARACIÓNS DE CÉSAR FERNÁNDEZ Vicepresidente da Deputación
Ourense, 8 de Agosto de 2023.- A organización das XXXVIII Xornadas de Folclore informa do falecemento, esta noite e por causas naturais, do director do grupo Amezabra de Sudáfrica, George Ofilant (53 anos), mentres se encontraba no seu aloxamento no Centro Residencial Docente de Ourense e despois de ter participado na cerimonia inaugural das Xornadas, celebrada onte a tarde no Teatro Principal.
A Deputación de Ourense, co seu presidente á cabeza, Luis Menor, os membros da organización do festival, e os demais grupos participantes procedentes de Arxentina, Bolivia, Ecuador, Tahití e Ucraína, expresan as súas condolencias á familia de George Ofilant, así como aos componentes do grupo sudafricano, uníndose á súa dor por esta irreparable perda.
Luis Menor transmitiu á organización das Xornadas, ademais dos membros da agrupación de Sudáfrica, a posta a disposición de todos os medios da Deputación de Ourense para colaborar nos trámites de repatriación do falecido, que se están a realizar en coordinación coa Embaixada de Sudáfrica en Madrid.
A agrupación folclórica Amezabra suspende hoxe a actuación que tiña prevista en Bande, mentres que os demais grupos participantes continuarán co programa como homenaxe a un destacado membro do mundo do folclore. Tanto en Bande como na Rúa gardarase 1 minuto de silencio en memoria do director.
O presidente da Deputación, Luís Menor, trasladouse a última hora da mañá ao Centro Residencial Docente de Ourense, na Univeridad Laboral, para dar o pésame ao irmán do director do grupo folclórico de Sudáfrica, falecido esta pasada noite e poñerse ao dispor da familia para colaborar na repatriación de os restos mortais

















