A carballiñesa Tete Domínguez “Tete Estate” finalista no concurso de creación fotográfica “Luís Ksado”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XVII LUÍS KSADO DE CREACIÓN FOTOGRÁFICA

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A área de cultura da Deputación da Coruña celebra todos os anos o concurso de creación fotográfica “Luís Ksado”. Este ano, no súa XVII edición, entre as obras seleccionadas, como finalista, figura o traballo “Xeometrias do noso rural” cuxa autora é a carballiñesa Teté Estate, que pertence á Asociación Fotográfica “Potiños”.

Este traballo comprende unha serie de fotografías nas que se reflicte a arquitectura do noso rural, concretamente a da nosa costa.

“Xeometrias do noso rural” é unha serie de imaxes nun reflexo da realidade cotiá envoltas en atmósferas inertes e baleiras; imaxes dun territorio rural que nas últimas décadas está sometido a un proceso de refundación urbanística que xenera cambios sustanciais na configuración da paisaxe circundante.

Cores artificiais, materiais transformados e produtos das series industriais aparecen nos muros delimitando o espazo interior e o de fóra; tapias, peches, persianas, balcóns, conforman un conxunto de estructuras que nos van remitindo aos espazos pechados, non relacionados. Fiestras escuras e anónimas que lle confiren anonimato.

O próximo día 4 de outubro a Deputación Provincial da Coruña presenta a exposición das fotografías gañadoras e finalistas do XVII Premio Luís Ksado, no Museo do Pobo Galego de Santiago. A exposición estará aberta ata o 4 de novembro.

Sobre esta mesma temática esta autora tamén presenta actualmente unha exposición no Ateneo Santa Cecilia de Marín, dentro dun proxecto colectivo titulado “Olladas”, no que cinco fotógrafos galegos ofrécennos diferentes visións sobre a paisaxe urbana.

PUBLICIDADE