O CD Arenteiro a través das redes sociais fai o seguinte comunicado:
Loito no @cd_arenteiro polo falecemento de Jose Vicente Iglesias Calderón. O xogador de 20 anos formou parte das nosas categorías inferiores e, dende o pasado venres era un máis na disciplina do Arenteiro Promesas. Dende o clube queremos transmitir o noso máis sincero pésame.