Delfín e Adolfo voluntarios de Proteccion Civil do Carballiño reciben o recoñecemento polos seus anos de servizo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Delfín Borrajo López e Adolfo Otero Loureiro son dous veteranos de Proteccion Civil do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No DOG de hoxe publicase a seguinte resolución:

ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se acorda conceder as medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de protección civil de Galicia correspondentes ao ano 2023 (código de procedemento PR467A)

Examinado o expediente de concesión de medallas ao mérito e distintivos de permanencia correspondentes ao ano 2023, e de conformidade coa proposta formulada pola comisión avaliadora prevista no artigo 14 do Decreto 19/2019, do 21 de febreiro, polo que se regulan as medallas ao mérito de protección civil de Galicia e outras condecoracións (DOG nº 44, do 4 de marzo de 2019),
DISPOÑO:
Primeiro. Concederlles ás persoas candidatas citadas no anexo I as medallas ao mérito da protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, nas categorías de ouro, prata
e bronce.
Segundo. Concederlles ás persoas candidatas citadas no anexo II os distintivos de
permanencia da protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste anexo II aparece o noso veciño Delfín Borrajo López.

Adolfo Otero Loureiro ven de cumprir 40 anos de voluntariado na agrupación carballiñesa, unha das máis antigas de toda Galicia e foi un dos distinguidos no acto de entrega de medallas e condecoaracións no marco da VII Xornada de Convivencia das Agrupacións de Voluntarios de Proteccion Civil de Ourense que tuvo lugar este fin de semana.

Foto Cope Carballiño