A formación do Partido Popular do Carballiño pedirá en pleno que o concello adquira a titularidade da actual Casa Sindical para o uso da veciñanza. O texto completo da moción é o seguinte:
“Sede de Extención Agrarias, Centro de Saúde, Inem, Emisora municipal, asociación cultural Orballo…. Moitos foron os usos da casa sindical do Carballiño o longo dos seus máis de cincuenta anos de existencia. Sería un paso importante para o noso Concello conseguir a titularidade do inmoble, propiedade actualmente do Patrimonio Sindical Acumulado (Ministerio de Emprego e Economía Social), asentado estratexicamente no centro do pobo, para poder empregalo, debido a gran escasez de infraestruturas que temos actualmente, por non dicir que contribuímos a recuperación e rexeneración do casco urbano.
Proporcionamos distintos usos, tendo en conta as peticións dos veciños e veciñas do Carballiño:
dende un local onde establecer a biblioteca municipal, xa que se localiza nunha zona
envexable.
outra utilidade sería un espazo polivalente, onde se poidan facer exposicións, cursos,
talleres, un espazo para xuntanzas tan demandado polas asociacións ou clubs tanto culturais
como deportivos, dando preferencia o uso veciñal.
un lugar de xuntanza para a mocidade e así contar cun espazo lúdico ou incluso para a
realización de traballos ou para por proxectos en marcha,
un lugar para os nosos maiores,
un espazo onde poida ser atendida unha oficina de turismo, ou incluso
O caso é que existe unha edificación que está desaproveitada, no centro do pobo, que vemos como
Pasan os anos e o seu deterioro e maior, co cal cando este concello acorde, se é o caso, o seu desembolso económico para os arranxos será desorbitado.
SOLICITAMOS:
- Que o concello do Carballiño, leve a cabo o procedemento adecuado para o alleamento de dito
edificio para o uso dos veciños/as de Carballiño”.