O programa “Nadal en familia” do Teatro Principal ofrece música, teatro, circo e ballet

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Teatro Principal da Deputación de Ourense organiza un ano máis o programa “Nadal en familia” con propostas culturais que inclúen música, teatro, circo e ballet. O vicepresidente segundo da Deputación e deputado de Cultura, César Fernández, presentou hoxe xunto á directora do Teatro Principal, Olga Mojón, os detalles desta nova edición do programa. 

Esta nova edición caracterízase por ofertar un programa con “gran calidade técnica e artística que mestura propostas culturais variadas e para todos os públicos”, e neste sentido dixo que este tipo de iniciativas como “Nadal en familia” que encaixan nese “labor pedagóxico que debemos facer as institucións de crear novos públicos consumidores de cultura”.  

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ademais, César Fernández puxo en valor o traballo que realiza o Teatro Principal da Deputación afirmando que é a “proba viva da importancia da actividade cultural para conformar unha sociedade adulta e madura”. Mentres que, Olga Mojón destacou que este programa pon en valor a posibilidade de “acudir a actividades culturais cos máis cativos para que teñan o seu propio espazo”. 

Programación de “Nadal en familia” 

A programación arranca con música clásica no Teatro Principal o 22 de decembro, co concerto de Nadal European Sinfónica Orquesta, ás 20.00 horas. Ao día seguinte, haberá teatro musical para público familiar a partir dos 6 anos, co espectáculo “Paüra” de Lucas Escobedo, a partir das 18.00 horas. Os días 26 e 27 de decembro será a quenda para o circo da man de La Fiesta Escénica que presenta “Circo de Nadal 2023”, con dous pases cada día: ás 18.00 e ás 19.30 horas o primeiro día; e ás 12.00 e ás 18.00 horas, ao día seguinte. 

O 28 de decembro chega o teatro infantil para gozar a partir dos 5 anos, da man de Caramuxo Teatro que presenta “Crisálida”, ás 12.00 e ás 18.00 horas. Ao día seguinte, a programación ofrecerá o musical familiar para maiores de 3 anos co espectáculo “Los músicos de Bremen” de Nacho Vilar Producciones, a partir das 18.00 horas. 

As actividades retomaranse o 3 de xaneiro, a partir das 20.00 horas, co concerto de aninovo The Orbis Internacional Orquesta. O 4 de xaneiro continúa a programación co concerto de Panxoliñas, Coral de Ruada e o coro infantil Colexio Padre Feijóo-Zorelle, ás 18.00 horas. O programa “Nadal en familia” rematará con ballet o 6 de xaneiro coa obra “La bella durmiente” de Piotr Ilyich Tchaikovsky do Ballet Nacional de Moldavia, a partir das 18.00 horas.  

Máis información: www.teatroprincipalourense.com 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------