A Rede de Auditorios Provincial pecha o ano con preto de un cento de actuacións e máis de 10.000 espectadores

Rede de Auditorios.- O presidente provincial, Luis Menor, preside a reunión da Rede provincial de Auditorios de Ourense na Aula Central do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Tamén participan César Fernández Gil (Vicerpesidenta da Deputación Ourense), Aurelio Gómez Villar (Asesor de Cultura da Deputación Ourense), Juan Marquina Fuentes (Secretario da Deputación Ourense) e os representantes dos mais de "50" concello que participan no programa.
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta mañá a reunión de seguimento da Rede Provincial de Espazos Culturais e da programación coordinada de actividades a nivel provincial (REAOU) na que se informou das actuacións levadas a cabo ao longo do ano e tamén se aprobou  a prórroga deste programa de cooperación para o exercicio 2024. Na xuntanza, liderada polo presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, tamén estiveron ademais do deputado de Cultura, César Fernández, representantes dos concellos integrantes deste programa que continúa a medrar e que actualmente conta con 51 concellos da provincia.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Rede levou a cabo un total de 97 actuacións nos distintos espazos habilitados da provincia chegando en total a máis de 10.000 espectadores, cifra que acredita o interese que existe polas distintas actuacións, así como a súa capacidade para dinamizar os territorios que as acollen. 

A Deputación de Ourense, tal e como se deu conta na xuntanza, destinou este ano un orzamento de 150.000 euros para cofinanciar os espectáculos culturais celebrados nos diferentes concellos que integran a REAOU. Así mesmo, cabe destacar que neste 2023 incorporáronse á mesma dous novos concellos: Beade e Xunqueira de Espadanedo, chegando a estar a día de hoxe conformada polo 56% dos municipios da provincia.  

A Rede Provincial de Auditorios nace no ano 2017 co obxectivo de servir de elemento dinamizador e vertebrador no ámbito da cultura na provincia de Ourense e, para elo, a Deputación comprométese así a cofinanciar as actuacións que se desenvolvan baixo o paraugas deste programa. Ao mesmo tempo, esta iniciativa serve para incrementar a actividade da oferta cultural destes espazos municipais (auditorios, salas multiusos, centros socioculturais, teatros, entre outros).