Comunicado do Bng de Ribadavia sobre os orzamentos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os orzamentos do concello Ribadavia están dirixidos a manter o PP no poder, non a dar solución aos problemas da cidadanía.  

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Preocúpanos a cifra oficial de poboación baixo o limiar dos 5.000 habitantes.

Ribadavia 28 de decembro de 2023.

Hoxe celébrase o pleno municipal de Ribadavia correspondente a este mes de decembro. Un dos puntos a tratar é a proposta de orzamento municipal para 2024l.

O orzamento define a liña política dun goberno. Neste caso non hai dúbida, o PP presenta uns orzamentos pensados en manter o seu poder no concello de Ribadavia, sen arranxar os problemas básicos, sen avanzar no benestar da cidadanía.

– Os cambios en postos de traballo son unha nova praza de condutor de maquinaria e amplíase o horario dunha praza de peón de obras. Sen embargo, non se incrementa o cadro de persoal doutros servizos, logo a prioridade do PP son as farolas e as cunetas.

– Increméntanse as subvencións nominativas, marca da casa do baltarismo. Desde o BNG este ano presentamos unha moción para que os colectivos accedan a subvencións pero por concorrencia competitiva e aberta a todas as asociacións.

Polo demais, non se prevén no orzamento municipal actuacións que comecen a dar resposta ás necesidades estruturais de Ribadavia:

– Nova captación e renovación das redes de abastecemento de auga

– Nova residencia para o asilo Nosa Señora dos Anxos

– Novo centro de saúde

Asemade, malia que neste 2023 se rematou de amortizar o plan de axuste, aboándose os 400.000 € correspondentes a esta anualidade, subscribiuse un novo crédito de 393.000, así o endebedamente do concello de Ribadavia mantense á beira do millón de euros e os intereses da mesma soben de 19.000€ en 2023 a 35.000 en 2024.

Con pesar advertimos que Ribadavia mantense no camiño da decadencia, de feito, vimos de coñecer outro dato demoledor. Oficialmente o noso concello baixa de 5.000 habitantes, logo de pasar de 5.003 en 2022 a 4.973 en 2023.

Dende o BNG preguntaremos como nos vai afectar esta perda de habitantes na Participación dos Ingresos do Estado que lle corresponde ao noso concello, xa que este ingreso (que no caso de Ribadavia é de 1.300.000 €) depende da poboación de cada municipio multiplicada por un coeficiente, que é decrecente canto menor sexa a poboación, sendo a cifra dos 5.000 habitantes a que marca os concellos que reciben o coeficiente menor.