A choiva non foi un impedimento para que nenos e nenas, adultos, mozos e maiores acudiran a manifestación e posterior concentración diante do Centro de Saúde para reclamar máis pediatras, unha mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Carballiño.
Máis de 1500 persoas entre as que había tamén representantes políticos e membros doutras plataformas da provincia como Verín e Xinzo, que tamén reclaman melloras sanitarias para os seus concellos.
Todo un éxito para a Plataforma convocante, que se amosaron moi satisfeitos de todo o apoio recibido na xornada de onte a pesar da climatoloxía. A pesar da súa ledicia polo vivido onte, tamén seguen preocupados temendo a resposta deste vindeiro venres da consellería, que seguirá sendo que non hai persoal para cubrir as vacantes.