A Insua dos Poetas, na Esgueva, acollerá este sábado a partir das 16:30 horas. Haberá un concurso de disfraces tradicionais para nenos e nenas en tres categorías: de 5 a 7anos, de 8 a 10 anos e de 11 a 14 anos.
Trátase de rescatar e promover as figuras e disfraces do Entroido tradicional fronte á proliferación de expresións máis comerciais.
Esta terceira edición vaise desenvolver no marco da Declaración do Entroido, por parte da Consellería de Cultura, Educación, F P e Universidades da Xunta de Galicia, como Ben de Interese Cultural.
Os principais personaxes do Entroido da Insua dos Poetas son os Xograres e as Soldadeiras.