A Deputación colabora na efeméride dos 50 anos da fundación da Escola de Enfermería

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu na Deputación a Aida Vázquez e Dolores Nespereira, membros da comisión organizadora do 50 aniversario da fundación da Escola de Enfermería, dependente da Deputación, nesta provincia. Estas enfermeiras foron tamén parte da primeira promoción deste centro.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Menor sinalou a importancia desta efeméride para a recente historia de Ourense, “pois estamos a falar dunha profesión íntimamente ligada coa provincia, e por suposto colaboraremos intensamente con esta conmemoración, pois estamos a falar dunha profesión con enormes méritos e un carácter pioneiro no último medio século na nosa provincia”.

O presidente provincial avanzou que os actos serán a partir de xuño “e estamos encantados de colaborar neles para lembrar a quenes tanto nos coidaron e nos seguen coidando”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------