Gabriel Alén enxalzou a gastronomía de Galicia como parte intrínseca da súa identidade

IES CHAMOSO LAMAS
  • O delegado territorial referiuse a Xantar  como unha fiestra aberta ao mundo na quedurante cinco días poñemos nosa hospitalidade xacobea ao servizo dos participantes e convidados
  • Gabriel Alén sinalou que conscientes do noso potencial, desde a Xunta de Galicia estamos traballando en fortalecer este campo ao que consideramos un alicerce importante na nosa economía pola súa capacidade para atraer poboación e polo o seu efecto desestacionalizador
  • O delegado territorial sinalou que nesta terra cómese de verdade e o noso ADN indícanos que ofrecer peixes, mariscos, carnes, as mellores hortalizas, viño, aceite e vinagre aos nosos invitados e turistas é sinal de propoñer e entregar o mellor de nós mesmos

“Identidade e gastronomía van da man; unha é expresión da outra e ambas se reforzan mutuamente. A gastronomía é un elemento intrínseco á nosa cultura, ás nosas celebracións e ao noso modo de ser; unha calidade que é sinónimo de hospitalidade, tolerancia e solidariedade”. Con estas palabras principiou a súa intervención, Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense na presentación esta mañá en FITUR da feira gastronómica de Xantar que se desenvolverá en Ourense do 3 ao 7 de novembro.

Segundo o delegado territorial “Xantar é unha fiestra aberta ao mundo na que durante cinco días poñemos nosa hospitalidade xacobea ao servizo dos participantes e convidados. Así, convértese nunha das principais citas para potenciar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel e, por extensión, como emprazamento turístico”.

HIPER MASIDE

Gabriel Alén sinalou que conscientes do noso potencial, desde a Xunta de Galicia estamos traballando en fortalecer este campo ao que consideramos un alicerce importante na nosa economía pola súa capacidade para atraer poboación e polo o seu efecto desestacionalizador. E  subliñou que “esforzámonos, polo tanto, para mellorar a cadea de valor da gastronomía galega, e nesta vixésimo segunda edición, estou seguro de que Xantar volverase erixir como unha cita fundamental para conseguir ese obxectivo. Aquí verase reflectido o traballo estratéxico, conxunto e esixente deste sector”.

A comida é unha parte importante da cultura; segundo o delegado territorial, “implica unión co pasado, forma parte da identidade e reflicte a vida das persoas. Mulleres e homes que saben que os mellores alimentos son os que resultan da meticulosidade do seu coidado, o esmero do seu custodia, a bondade da terra e do auga que lles dan sustento, a paciencia na espera e a graza dos elementos”.

Por iso, presumiu Gabriel Alén de que “podemos facer ostentación dunha ampla despensa e cumprir coa nosa tradición de ofrecer os mellores manxares a aqueles que visitan a nosa casa”. “Nesta terra cómese de verdade –continuou-  e o noso ADN indícanos que ofrecer peixes, mariscos, carnes, as mellores hortalizas, viño, aceite e vinagre aos nosos invitados e turistas é sinal de propoñer e entregar o mellor de nós mesmos”.

O delegado territorial rematou convidando a todos, “Así é Galicia, así é Ourense e así é a nosa gastronomía; e hoxe, nese contexto de mantel e mesa en Xantar agardo a súa presenza”.