A lagoa imaxinada: clube de lectura en torno ao libro “Unha vida de ra” coa presenza do autor limiao Rafael Laso na casa da lagoa en Sandiás

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Co propósito da presentación do libro “Unha vida de ra” o pasado venres 15 de marzo no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela (Sandiás), o escritor limiao Rafael Laso, autor do mesmo, levou a cabo  a presentación de como xurdiu  a idea de escribilo e a xénese do  contido. Así  mesmo deu cumprida resposta ás preguntas dos cativ@s que participaron no Clube de Lectura. Un intento de saborear a natureza, neste caso a Lagoa de Antela imaxinada, a través da literatura.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os alumnos e alumnas máis maiores do Ceip de Sandiás participaron no clube de lectura cun traballo interdisciplinar utilizando as ferramentas das ciencias naturais, lingua, historia, artes plásticas, debuxo, literatura, educación física e música. Algúns dos traballos foron presentados no acto e houbo premios para os mellores.

 En concreto, fíxose lectura en voz alta de textos dos libro, exposición de debuxos inspirados na súa lectura, traballouse a metamorfose da ra, as memorias dos lugares (os seus hábitats), as memorias dos sons (os seus cantos) como quedaron rexistradas na historia nas prazas, nos xardíns e nos canzorros das igrexas románicas  o oficio do raneiro e os seus aparellos e o comercio de ras dende a Limia ata a mesma Inglaterra no século XV, entre outras cousas.

A sesión foi moi dinámica e divertida coas aportacións do alumnado do Ceip e a presenza do propio autor Rafael Laso. A actividade foi gratuita e aberta a todos os públicos ata completar aforo.