O Grupo de Emerxencias Municipal reclamou hoxe de novo mellores condicións laborais e o que máis lles preocupa, equipos de protección en condicións para realizar a súa labor diaria. Os traballadores manifestáronse esta mañá na Praza Maior. Aseguran que os EPIs que utilizan están en malas condicións e xa caducados, así como alertan da falla de persoal para cubrir quendas. A súa demanda, dende meses atrás, é a de ter unha mesa de negociación para tratar as súas condicións laborais.
Outros dous representantes asistiron á sesión plenaria na que se lle cedeu a quenda de palabra e expuxeron as súas peticións, así como ensinaron o estado no que se atopan os seus traxes de protección.
A oposición considerou este grupo como esencial. O concelleiro de seguridade asegurou que na mesa sindical da vindeira semana asentarase a data para a súa mesa de negociación. Os puntos de negociación será a reestruturación do servizo, funcións do persoal, contratación de persoal e adquisición de equipamento.















