As comunidades da Vía da Prata acordan desenvolver medidas de promoción conxunta vencelladas ao patrimonio e a gastronomía

12,30 h.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, manterá unha reunión por videoconferencia cos conselleiros das comunidades polas que discorre a Vía da Prata. foto xoán crespo 19/05/2020

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, reuníronse telemáticamente cos conselleiros das comunidades polas que discorre a Vía da Prata. No encontro expuxéronse diversas iniciativas que permitan desenvolver medidas de promoción conxuntas vencelladas ao patrimonio e a gastronomía.

Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia reforzan o seu compromiso para impulsar este Camiño con acreditado valor histórico e patrimonial como elemento dinamizador dos seus territorios. A via da prata pasa por concellos da nosa contorna como Piñor ou San Cristovo de Cea.

AVANTAR ACTIVIDADES