Éxito da primeira edición do festival de percusión “O Carballiño soa”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O conservatorio e a escola de música do Carballiño celebraron esta pasada fin de semana a primeira edición do festival de percusión “O Carballiño soa”. Comezaron o pasado venres, no auditorio Manuel María do Carballiño, cun concerto no que participaron os conservatorios de música do Carballiño, de Verín, de Ribadavia, a Escola de Música de Poio, de Moraña e a Unión Musical de Valladares. Continuaron tamén o sábado, con varias actividades xa a pé de rúa, e con outros convidados como Andrés Rivero, un obradoiro, e os compañeiros da Batucada Percucar ou a Escola PerQtora.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Dende a concellería parécelles extraordinaria esta iniciativa e seguirán apoiando todas as actividades que nacen dende o conservatorio. Máis de 90 mozos déronse cita nese primeiro concerto, o que é todo un éxito para unha primeira edición.