Espazo Común pide un Plan Municipal contra a Violencia Machista

A formación fai referencia ós casos de violencia machista e vicaria que vimos de vivir a nivel nacional nos últimos días. Consideran que máis alá de celebrar datas coma o 25N ou o 8M, dende as administracións, débese traballar a diario en tódolos frentes posibles, nenos e maiores, homes e mulleres e en tódolos ámbitos da vida.

Publicidade

Por iso dende Espazo Común instan ao concello a que se redacte un Plan Municipal contra a Violencia Machista que inclúa charlas e conferencias en colaboración cos sectores da cultura, deporte, centros de ensino, empresas e asociacións onde se informe da realidade desta violencia.